Taller 2 - Concello de A Guarda

1 de 19

Inicio

Presentación

Unha vez feito o diagnóstico técnico do Ciclo Integral da Auga do municipio, consultado, validado, enriquecido e completado a través do proceso de participación pública activa, e co fin de establecer unha metodoloxía a seguir nas posibles situacións que se poidan dar no caso de seca, proponse un segundo taller, co fin de:

  • Identificar os territorios e os colectivos sociais máis vulnerables por risco de seca

  • Definir e describir os escenarios segundo a severidade da seca e os indicadores asociados.

  • Definir as medidas a executar segundo os escenarios.

As actividades propostas nesta sección servirán tamén para a difusión e consulta pública ás partes interesadas. Así mesmo, facilita unha base común de traballo e é garantía dun coñecemento compartido do CIA.

A continuación poder leer o documento:
Presentación do estado actual do Ciclo integral da auga. Vulnerabilidades e fortalezas do sistema de abastecemento no Concello de A Guarda: Contexto e análise dos datos recollidos no taller 1

Descargar documento

Leao con detemento e continuar co Taller.

Sesión 1 - Identificación de zonas, poboación e actividades vulnerables.

Obxectivos do taller

O obxectivo deste taller e identificar os usos, colectivos sociais ou zoas especialmente vulnerables aos impactos por seca, que existen no Concello.

O Plan deberá prestarlles unha especial atención, e valorar a posibilidade de deseñar medidas específicas para previr e reducir ditas afeccións ou impactos.

Neste punto recolleranse as áreas máis vulnerables fronte a un evento de seca e a poboación asociada a elas.

A identificación destas áreas realizarase, considerando distintos factores:

  • Recursos hídricos e sistemas de abastecemento dispoñibles. Será preciso identificar edificios, actividades estratéxicas e usos públicos críticos cun abastecemento garantido como por exemplo centros de saúde, colexios, centros de maiores, actividades relacionadas ca seguridade e o orde público, etc.
     

  • Características físicas do terreo.
     

  • Actividades estratéxicas dende o punto de vista económico e/ou social. En ocasións, pódense identificar grupos de poboación que, polas súas características demográficas, sociais ou económicas, poidan presentar unha maior vulnerabilidade, e polo tanto será necesario tratalos de maneira específica.
     

  • Zonas sen abastecemento municipal. Hai que prestar unha especial atención ao cumprimento dos dereitos humanos, en canto o acceso o auga e ao saneamento.

Identificación de zonas, poboación e actividades vulnerables (1/1)

É necesario identificar as zonas máis vulnerables, como poidan ser:

Zonas que se abastecen de fontes especialmente sensibles a períodos de seca, como consecuencia, por exemplo, dun deterioro da calidade da auga por aumento de concentración de contaminantes ao disminuir os recursos.

Zonas de maior poboación. As medidas e restricións terán maiores afeccións en aquelas zonas ou sectores onde hai máis poboación e polo tanto afecten a un número maior de persoas.

Zonas protexidas incluídas no municipio que polos seus valores ambientais, ecolóxicos, históricos ou culturais, e a súa vinculación ca auga, poidan verse afectados gravemente por unha situación de seca. Este pode ser o caso de xardíns e paisaxes históricos, humedais protexidos, etc. A definición de estratexias e medidas para a súa conservación deberá realizarse conxuntamente ca administración encargada da xestión de dicha zona protexida, xa séa de ámbito municipal, autonómico ou estatal.

Zonas non conectadas á rede de abastecemento que dependen dunha fonte de recursos non regulada. Neste caso, un período de seca pode afectar o abastecemento dunha parte da poboación.

Outras

Sesión 2 - Definición de escenarios e medidas

O obxectivo do taller deste taller é identificar a situación do Concello no tempo, e plasmar nun documento a metodoloxía seguir na xestión da seca segundo cada escenario.

O plan debe reflectir a definición consensuada de cada un dos escenarios do sistema de abastecemento fronte ao risco de seca, e os aspectos que os caracterizan a nivel de identificación e de medidas a tomar.

A definición dos distintos escenarios de seca realizarase tendo en conta a posible incapacidade do sistema, de satisfacer as demandas, atendendo á gravidade das repercusións que poida ter a ausencia de recurso

Definición de escenarios e medidas (1/4)

NORMALIDADE:

Non hai risco de seca. A dispoñibilidade dos recursos hídricos é a habitual. Todos os usos están garantidos.

É unha fase de planificación e execución de medidas estratéxicas, tanto para levar a cabo en períodos de normalidade (estudos de alternativas, obras de infraestrutura, cambios normativos, etc.) como para escenarios futuros.

A xestión está baseada no seguimento e análise dos indicadores. Todos os indicadores de seca están nos valores medios dos indicadores. A dispoñibilidade dos recursos hídricos é a habitual.

O cambio desta fase producirase cando os indicadores superen os limiares que levan á fase seguinte, pre alerta.

¿Esta vostede de acordo con esta definición?

Definición de escenarios e medidas (2/4)

PREALERTA: 

Non hai risco de desabastecemento no sentido estrito a curto prazo, pero si nun período próximo. A dispoñibilidade dos recursos hídricos é algo menor do habitual.

A evolución dos indicadores dos escenarios de seca apunta a un incremento do risco, polo que se aumenta o control e a vixilancia.

A fin da prealerta producirase cando os indicadores superen os limiares que levan á fase seguinte, Alerta, ou cando estes descendan ata os valores de normalidade.

¿Esta vostede de acordo con esta definición?

Definición de escenarios e medidas (3/4)

ALERTA: 

A dispoñibilidade dos recursos hídricos é menor do habitual, os recursos descenden de valores medios históricos

Existe unha probabilidade significativa de chegar a unha situación de emerxencia por desabastecemento.

As medidas características desta fase son de comunicación e de restrición de usos, ademais da vixilancia en continuo dos indicadores dos escenarios e o funcionamento do sistema de abastecemento.

A fin da alerta producirase cando os indicadores superen os limiares que levan á fase seguinte, emerxencia, ou cando estes descendan ata os valores de prealerta ou normalidade.

¿Esta vostede de acordo con esta definición?

Definición de escenarios e medidas (4/4)

EMERXENCIA: 

Escenario de maior gravidade, escenario a evitar. Alta probabilidade de desabastecemento xeneralizado.

As medidas neste escenario son todas as necesarias para alargar no tempo a dispoñibilidade de recursos para os usos prioritarios asegurando as necesidades básicas e a actividade económica esencial, e minimizando o deterioro das masas de auga e o impacto sobre os ecosistemas acuáticos.

As medidas neste escenario son todas as necesarias para ampliar a dispoñibilidade de recursos para os usos prioritarios: restrición, mobilización de recursos extraordinarios, etc

A fin da fase de emerxencia, producirase cando estes descendan ata os valores de calquera outro escenario.

¿Esta vostede de acordo con esta definición?

Sesión 3 - Identificación de medidas para cada escenario

As medidas a executar segundo o escenario no que nos atopemos, poden ser de carácter técnico, ambientais, económicas e institucionais.

A continuación preséntanse unhas fichas que deberá cumplimentar cas medidas que considere más importantes.

Fichas de medidas Normalidade

Ficha medida (Nº 1.1)
Nome da medida

Escenario: NORMALIDADE

Efectos positivos e/o negativos que ten a medida
Responsables no desarrollo da medida
Requisitos económicos e administrativos
Ficha medida (Nº 1.2)
Nome da medida

Escenario: NORMALIDADE

Efectos positivos e/o negativos que ten a medida
Responsables no desarrollo da medida
Requisitos económicos e administrativos

Fichas de medidas Prealerta

Ficha medida (Nº 2.1)
Nome da medida

Escenario: PREALERTA

Efectos positivos e/o negativos que ten a medida
Responsables no desarrollo da medida
Requisitos económicos e administrativos
Ficha medida (Nº 2.2)
Nome da medida

Escenario: PREALERTA

Efectos positivos e/o negativos que ten a medida
Responsables no desarrollo da medida
Requisitos económicos e administrativos

Fichas de medidas Alerta

Ficha medida (Nº 3.1)
Nome da medida

Escenario: ALERTA

Efectos positivos e/o negativos que ten a medida
Responsables no desarrollo da medida
Requisitos económicos e administrativos
Ficha medida (Nº 3.2)
Nome da medida

Escenario: ALERTA

Efectos positivos e/o negativos que ten a medida
Responsables no desarrollo da medida
Requisitos económicos e administrativos

Fichas de medidas Emerxencia

Ficha medida (Nº 4.1)
Nome da medida

Escenario: EMERXENCIA

Efectos positivos e/o negativos que ten a medida
Responsables no desarrollo da medida
Requisitos económicos e administrativos
Ficha medida (Nº 4.2)
Nome da medida

Escenario: EMERXENCIA

Efectos positivos e/o negativos que ten a medida
Responsables no desarrollo da medida
Requisitos económicos e administrativos

Sesión 4 - Avaliación

Nesta última sesión consiste nunha breve enquisa de avaliación deste Taller

Enquisa de avaliación (1/3)

¿Considera que o taller permitiulle aportar o seu punto de vista sobre as zonas e poboación máis vulnerable, ante risco de seca, no seu Concello?
¿Considera que o taller permitiulle aumentar o seu coñecemento sobre os distintos escenarios que se poidan dar en caso de seca no Municipio?
¿Considera que o taller permitiulle aportar o seu punto de vista sobre as medidas que se poidan implantar para reducir a vulnerabilidade do sistema de abastecemento de auga no municipio, en xeral e no caso de seca?
¿Considera que o taller permitiulle aportar o seu punto de vista sobre as medidas que se poidan implementar para reducir a vulnerabilidade do sistema de abastecemento de auga no municipio, en xeral e no caso de seca?

Enquisa de avaliación (2/3)

Enquisa de avaliación (3/3)